Punto laranxa

“O obxectivo principal do centro é crear un espazo seguro e harmónico que promova o bo trato, a resolución pacífica de conflitos, o desenvolvemento da intelixencia emocional e a autoestima, sempre en coordinación coas familias. Preténdese unha educación integral das persoas en todos os ámbitos: educativo, persoal, social e familiar.

As coordinadoras de benestar e protección do alumnado colaboran coa comunidade educativa mediante:

  • Prácticas restaurativas para resolver conflitos de forma pacífica.
  • Participación en charlas e actividades divulgativas.
  • Reunións coas familias, ofrecendo escoita empática e apoio nas súas necesidades.
  • Reforzo da acción titorial e promoción do diálogo entre familias e alumnado.
  • Creación dun espazo seguro para traballar as emocións a través de encontros e charlas periódicas.”